Archive: Xullo 30, 2014

Mapa Emocional de Compostela por Maria Meijide

Maria Meijide, afamada pintora Compostelana (nós pensamos que é xenial), presenta iste Xoves 31 a tarde na Fundación Granell, entre o lusco e fusco unha das súas novas obras: o Mapa Emocional de Santiago de Compostela que como ben dí ela é:

“un mapa de autor, unha peza de ilustración-pintura que aspira a converterse en el hit del verano (toda unha aspiración!); un referente emotivo no que recoñecernos, unha visión próxima e espontánea do espazo que habitamos, a CIDADE, onde a localización e o tamaño das cousas responde a un rexistro subxetivo, que non cartógráfico, máis, quen sabe?, tal vez este rexistro nos aproxime mais do que outros métodos a unha íntima realidade de Santiago de Compostela. “

No acto de presentación poderase ver o mapa orixinal, as pranchas, as probas de cor e unha mostra de primeira tiraxe, prensentados en tubo de cartón.

Ademáis haberá  concerto con Lúa Gándara&Pablo Seoane, todo acompañado por, como non: Viño da Ribeira Sacra e  Pinchiños Catrineta.

Tamén poderedes adquirir o seu Mapa na Catrineta!!!

Deixamosvos un enlace a web de Maria para que a coñezades un pouco mellor.

www.mariameijide.com

 

 

 

Anchoas Anaco: Presentación con Paco Roncero

Paco Roncero impartirá un taller sobre la anchoa en Compostela | BenBo – Revista gastronómica

Paco Roncero, Premio Nacional de Gastronomía 2006, de duas “estrelas Michelín”, chef executivo e director do restaurante del Casino de Madrid e dos gastrobares Estado Puro, impartirá o próximo luns 5 de maio un obradoiro en Santiago sobre a anchoa na cociña. Os asistentes convidados á masterclass, ademáis de aprender, poderán degustar as “Anachoas“, un produto totalmente artesanal elaborado polas integrantes da iniciativa de autoemprego da Asociación Banco de Tempo Anaco.

O evento, organizado pola Asociación Hostelería Compostela e o CIFP Compostela – Lamas de Abade, tenrá lugar nas instalaciónd do centro de Formación Profesional.

As Anchoas Anaco véndense durante todo o ano na nosa tenda, onde ocupan un lugar principal, tanto pola súa calidade como polo proxecto que abandeira.

 

Ensalada peixe espada preto

Receitas para o bo tempo; esta, baseada nunha receita portuguesa pero que cada quen pode personalizar: iogur grego, piña, peixe espada preto, gallos de laranxa, ceboliña, olivas, ovo cocido, pasas… Todo á neveira e listo.

Na receita orixinal mesturaban tamén con tomate e leituga. É a vosa decisión; o resultado será igual de sorprendente, estará boísima.

Sardiña para o San Xoan

Chega San Xoan e parece que non hai tanta sardiña como sería desexable. Dámosvos unha opción moi presentable que ademais permite gozalas na casa sen que o olor quede a vivir convosco.
Sardiñas do “xeito” grandes e fermosas, duas por lata; pasádeas pola tixola ben quente co seu propio aceite, un pouco de sal medio fino e limón e perexil opcional.
Sobre un bo pan e non vos creredes o boas que están.

 

Uso de cookies

Este é o común texto legal que informa que este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación destas galletiñase e a aceptación da política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies