Category: Receitas

XOUBAS PICANTES en roliños de CABACIÑA

A toda cor, ista receita entra polos ollos e quédase para sempre  gravada nos miolos e leva facela 2 minutos!

Precisas:

  • 1 cabaciña mediana
  • 1 lata xoubas picantes Catrineta
  • 1 leituga tenra
  • Tomates cereixa
  • Sal e pementa
  • Opcional: Sementes de sésamo torradas

Preparala:

  • Cortala cabaciña en láminas lonxitudinais
  • Untalas con algo de aceite e sal e marcalas nunha plancha até que estean brandiñas
  • Na punta de cadansúa lámina  pór unha xouba picante e envolvela
  • Cando teñas isto feito, pinchar cun pauciño e poñer na punta un dos tomates.
  • Nunha fonte facer unha cama de leituga, se gostas do picante, daquela podes engadir algunha salsa picante ou chiles.
  • Colocar os roliños sobre a leituga e botarlles o sésamo por riba se queredes

Como vedes é unha receita sinxela e que admite todas as versións. Agora, a disfrutala!

** Receita sacada do libro: Receita con Conservas de Objecto Anónimo. Podes atopalo na nosa tenda.

 

xouba picante receita

BONITO Á BRÁS CON PORRO.

Malia choiva, arrecende a primavera. Andamos a construirlle niños aos paxaros, removendo terra para facela horta, e tamén ímos argallando receitas para celebrar iste espertar de paixóns. Por iso vos suxerimos ista receitiña orixinal da cociña portuguesa.

 

 

Ingredientes:

2latas de bonito ao natural
Patacas palla, 3/4 patacas
1/2 porro
1 cebola mediana
1 dente de allo
Aceite Oliva ao voso gusto
3 ovos (mellor de pitas en liberdade, claro)
Perixel fresco ao voso gusto
Sal

Praparación:

  • Pelar a cebola e cortala en rodas finas. Igual co porro e o dente de allo.
  • Poñer nunha pota un chorro de aceite e a lume baixo, cando estea quentiño, pochala cebola o allo e o porro.
  • Quítarlle o fumé ao bonito e botalas dúas latas nos vexetais pochados e misturar todo ben un par de minutos.
  • Noutra tixola fritilas patacas cortadas previamente como palla e cando estean listas misturar co bonito e deixar que abranden un pouco.
  • Batilos ovos e misturar todo e deixalos facer cada quen ao seu gusto.
  • E xa está: servir ben quente co perixel fresco ben picado por riba.

Receita sacada do libro: 10 receitas con Conservas de Objecto Anónimo, que o podedes comprar na nosa tenda.

Mexillóns escabeche sobre escuma fina de patacas.

A máis clásica e famosa das conservas galegas e sen dúbida o mexillón en escabeche. Ímos pornos un pouco sofisticados e veredes o que podemos facer cunha lata deles.

Ingredientes:

Mexillóns escabeche Catrineta  1lata

Patacas 200gr

Leite     150cc

Nata       50cc

Sal, pementa, perixel.

Receita:

Cocelas patacas en abundate auga salgada ata que poidamos pinchalas cun garfo.

Retiralas do lume, pelar e engadir o leite, a nata, o sal e a pementa. Misturar todo e pór a crema obtida nun sifón para facela escuma.

Nun plato fondo, servir unha base de escuma fina de pataca e colocar por riba os mexillóns co seu escabeche.

Decorar co perixel moi picadiño.

Receita

Receita sacada de:

Entre latas y sartenes: Cocina  Creativa con conservas de pescado y marisco. Xunta de Galicia.

SOPA DE SARDIÑAS EN TOMATE

Sabemos que isto non o esperabades. Unha lata de peixe para facer sopa???. Poís velaí vai a nosa receita sopera.

Ingredientes:

2 latas sardiñas en tomate.

1 pataca grande.

3 culleres soperas de arroz.

1 cenoira.

1 cebola pequena.

2 culleres de tomate fritido.

folla loureiro.

sal.

pementa negra.

pementón doce.

eneldo ou perixel.

allo.

aceite.

Como facer:

Nunha pota pór auga a ferver. Lavar, pelar e cortar a pataca. Cando a auga ferva, botar o sal, a folla de loureiro,  a pataca partida e o arroz. Cocer a lume medio. Mentras tanto ir picando a cebola e  a cenoira. Facer un sofrito co  tomate fritido.

Cando as patacas estean feitas, abrir as latas coas sardiñas e botalas na pota. Engadir todas as especias. Engadilo sofrito e darlle un fervor de nada para polo todo a mesma temperatura.  E listo!sopa sardiña tomate 2

Arroz con mexillóns en 8 minutos!!!

2 vasiños de arroz bomba.
1 #Catrilata de Mexillóns.
1 lata pequena de chícharos cocidos.
Unhas tiras de pimento morrón.
2 culleres sopeiras de tomate fritido caseiro.
2 dentes de allo.
Caldo de peixe.
Unhas filandras de azafrán.
Sal.
2 culleres sopieras de aceite de oliva.

 

Como facer:

  •  Pon nunha tixola ou pota baixa o aceite a quentar.Mentres tanto, pela e corta en láminas os dentes de allo e quítalle a auga aos guisantes.
  • Cando esté o aceite quente, sofrite os allos. Bótalle o tomate fritido e refoga todo xunto uns dous minutos a lume baixo.Entretanto,bota o arroz e deixa que adquira unha cor dourada, despois remove e bótalle auga suficiente para cocelo, cando esté casi listo.
  • Bótalle os mexillóns, os chícharos e as tiras de pemento morrón. Remove.Bota o caldo de peixe. Pon a punto de sal e bota as filandras de azafrán.
  • Coce todo xunto uns 3 minutos.
  • Sirve.

 

XOUBAS CON OVOS E PEMENTOS (ESTILO ROVIGO)

Ista receita é doada, rica, saudábel e rápida. Así que non hai excusas para non comer ben!

Sabíades que as xoubas teñen un alto contido en proteínas como os ovos ou a carne, grasas insaturadas,sí, sí, o famoso Omega 3, calcio (porque consumímolas coa espiña) e vitaminas A,D e B12..

Poís, daquela velaí vai unha receita que podes preparar en 7 minutos.

 

Ingredientes:

  • 1 latiña de xoubas Catrineta, unha 16/20 xá está ben.
  • 2pementos verdes.
  • 2 ovos. (de pita Piñeira ou de Mos, mellor que mellor). Lembrade que os ovos levan unha identificación: 0 para os ecolóxicos e 1 para os que proveñen de pitas en liberdade.
  • 4 tomates (raf, pera…carnoso, coma sempre, mellor os que estén de tempada e de produción local).
  • Pementa negra.
  • Xarxa (salvia officinalis).
  • Azucre.
  • Aceite de oliva virxe extra.

Preparación:

  1.  Nunha tixola raiade o tomate e refogadeo cun pouco de sal e azucre.
  2. Ao tempo noutra tixola, fritides os pementos cortadiños en tiras e unha mica de sal.
  3. Facede os ovos, á plancha van perfeitos e levan menos aceite, que lles quede a xema “para mollar”.
  4. Emplatar: as xoubas ben colocadiñas primeiro, por riba o tomate, despois o pemento na cima de todo os ovos. Temperar coa xarxa e coa pementa negra moída…

Comer! nham nham!!!

 

Receita sacada do blog: conserveraiberica.blogspot.com

 

Ensalada Xoubas con pementos de Piquiño.

Apurando xa os últimos días da Páscoa, despois de ter visitado ás amigas, familia ou mesmo teren saído de viaxe…sexa como sexa, nós queremos voltar a normalidade. Coller de novo as zapatillas e botarse a correr e claro, deixar as torrixas, rosquiñas, churros, etc. atrás. Por iso hoxe ímos xantar sano,sanísimo…Velaí vos deixamos unha receitiña, rica,rica!!

Xoubas con pementos de Piquiño

Ingredientes:

  1. Leituga de tempada. (trocadero/catro estacións/canónigos/rúcula/endívia).
  2. Tomate.
  3. Espárrago.
  4. Ovo cocido.
  5. Pemento Piquiño
  6. Aceituna
  7. Xoubas 16/20 aceite oliva Catrineta.
  8. Mostaza.
  9. Culler de aceite oliva.
  10. Culler de vinagre suave.
  11. Sal e pementa.

 

Preparación:

Pór  todos os vexetais barallados nunha fonte.

Nunha cunca misturar a mostaza co aceite o vinagre a sal e a pementa. Removelo todo ben.

Botar por riba dos vexetais. Colocar as xoubiñas  co ovo troceado e as olivas.

Un bo anaco de pan e adentro!!

Doado non….2 minutos, rico e saudábel!

 

 

 

 

Salada de filetes de xarda con tomate, cogombro(pepino) e pementos

Está receita está sacada do blog de cociña cincosentidosnacocinha.pt e pensamos que é interasante agora que todavía podemos desfrutar de todos istes ingrendientes que atopamos na nosa horta. Así que, velaí vai.

É doada e non vos levará máis de 10 minutos facer iste petisco.

Ingredientes:

  • 2 Catrilatas de filetes de xarda en aceite de oliva.
  • pemento verde e vermello
  • tomate
  • cogombro (pepino)
  • vinagre de viño blanco
  • sal e pementa negra.

Elaboración:

  • Comezar por cortar os pementos,tomates,  cogombro e a cebola en dados. Pór todo nunha cunca.
  • Abrilas latas Catrineta de filetes de xarda en aceite de oliva tiralas nun recipiente co seu aceite e desfacer cun garfo.
  • Misturar con un pouco de sal e pementa negra, unhas pingas de vinagre e remexer co resto.
  • Meter no frigorífico unha media hora e servir con pan torrado ou unhas Mariñeiras…

O mellor paso de todos: DESFRUTAR!!!

 

 

Ensalada peixe espada preto

Receitas para o bo tempo; esta, baseada nunha receita portuguesa pero que cada quen pode personalizar: iogur grego, piña, peixe espada preto, gallos de laranxa, ceboliña, olivas, ovo cocido, pasas… Todo á neveira e listo.

Na receita orixinal mesturaban tamén con tomate e leituga. É a vosa decisión; o resultado será igual de sorprendente, estará boísima.

Sardiña para o San Xoan

Chega San Xoan e parece que non hai tanta sardiña como sería desexable. Dámosvos unha opción moi presentable que ademais permite gozalas na casa sen que o olor quede a vivir convosco.
Sardiñas do “xeito” grandes e fermosas, duas por lata; pasádeas pola tixola ben quente co seu propio aceite, un pouco de sal medio fino e limón e perexil opcional.
Sobre un bo pan e non vos creredes o boas que están.

 

Uso de cookies

Este é o común texto legal que informa que este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación destas galletiñase e a aceptación da política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies