Category: Uncategorized

Fideuá de mexillóns en salsa vieira!!

Ímos interpretar un plato de orixe valenciano que adoramos. A fideuá de marisco. Collemos un pouco de pasta “fideuá” e cocemos. Mentras coce a pasta pochamos unha cebola. Cando xa estea douradiña misturamos a lata de MEXILLÓNS VIEIRA CATRINETA coa cebola e despois engadimos a pasta. Picámoslle un pouco de perixel para decorar. Deixamos repousar un par de minutos!.

Elaboración: 8 minutos

Coste: 3,20€ ( incluído lata mexillóns, pasta e cebola)

Conservas peixe e marisco para todos os gustos.

Imaxina que cousa rica do mar quixeras comer. Imaxina que podes tela nun chasquido das tuas dedas…pois iso é posible aquí. E para mostra un botón.

Hoxe ímos numerar toooooooooodas as sardiñas en conserva que temos e de seguro algunha nin pensabas que existira.

Velaí vai: Sardiñas grandes, xoubas até 25/30 pezas en oliva, ao limón, picantes, con verduriñas, sen pel nin espiña, sen pel nin espiña con tomate, sardiña con trufa, con tomate e alfábega, guisadas, escabeche, en tomate picante, con ourego, afumadas…

Que! faste unha idea….

CONSERVEIRAS, MULLERES E COMERCIO LOCAL

Falar do proceso de industrialización é falar das fábricas de salazón primeiro e das conserveiras despois.

Nós que vivimos, respiramos e transpiramos a nosa paixón por elas, polas fábulas de vida cheas de seductores contonéos na historia, con conspiracións e traizóns casi palaciegas. Con herdanzas e matrimonios amañados e abruptas roturas familiares, queríamos, nun ataque de lirismo darlles protagonismo a carón de nós, na cidade que nos acolle e que tan revolta pola historia avanza. Que na rugosidade das pedras abrázanse, seguro, todas elas.

Non pode faltar ,-cando falamos das conserveiras e cando falamos de nós-, a importante figura das mulleres. Falar das fábricas e falar delas, das suas mans incasabeis, das miles de horas de pé repetindo ao ritmo das cintas, das seladoras o mesmo quefacer. Da humidade, das mans molladas e abertas pola sal, do cheiro do peixe concentrado. Corpos activos e agotados que mália traballar  a correr cara as fábricas cando soaba a serea, chegaban a casa e sacaban da terra o que tocara e pendurados das suas saias colgábanse os mocosos que non daban tregua. Ou que de moi meninas ían traballar para as casas dos fomentadores chuchándolles a infacia. Elas que moito despois loitaron por uns dereitos laborais  dos que os homes xa gozaban e que elas nin siquera eran conscientes de ter que reivindicar, puxeron os pilares para regular un dos sectores máis feminizados da industria galega.

Tamén non queriamos esquecer a importancia do comercio. Disos pequenos espazos, e dicimos pequenos porque xa nada se concibe como tal. Pequeno pois, próximos, quentes, sen luces fluorescentes, sen epilépticos cartazais, sen plumbeos sonidos, sen bombas martilleando os miolos con chíos alienantes. Rendirlle tributo tamén a todas isas mulleres invisibilizadas detrás dun mostrador que fican á espera e debullan con experimentados moventos na trastenda un sen fin de labores. Como meigas misturan centos de saberes nun chusco amábel. Elas que investigan e coñecen mellor que ninguén as historias das rugosas pedras e fitan caladiño.

A miga de todo iste sentir cristalizou coa idea e traballo de Illa Bufarda que compuxeron para a Campaña gañadora do IV Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego do Concello de Santiago de Compostela.

Grazas a todas elas hoxe as conserveiras , as mulleres que as fan posíble e as tres xeracións de mulleres e homes que ocuparon a tenda Catrineta, antes Recouso móstranse por toda a cidade. E para mostra un botón:

criseroberto_comercio2maricarmen_comercio1

 

 

pureza-unomari-carmen

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

maricacarmen_comercio3maricacarmen_comercio3conserveira3conserveira6conserveira3

PECHE POR VACACIÓNS DO 21 DE FEBREIRO AO 2 DE MARZO.

 

Navegantes! tomámonos unha semaniña de descanso para voltar con folgos renovados. Estade antentas porque haberá actividades interesantes para o vindouro mes de marzo!!

Aproveitade para facer o voso acopio de latiñas esta semana. Se non, escribide un correo a info@catrineta.com e atenderemos os vosos pedidos a partir do día 2 de marzo!!!.

Un saúdo

Cristina&Roberto

Uso de cookies

Este é o común texto legal que informa que este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación destas galletiñase e a aceptación da política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies