
Historia
Conservas de peixe A Pureza foi creada no ano 1924 por Vicente Docanto Martínez, procedente dunha familia moi ligada á industria conserveira.
Producto 100% Artesanal
Seguimos uns estritos controis hixiénicos-sanitarios e de calidade ao longo de todo o proceso produtivo, baseándonos sempre na rigorosa selección das materias primas e nunha elaboración esmerada e artesanal. Ofrecemos aos nosos clientes unhas conservas de gran calidade que seducen aos padais máis exquisitos.
A asociación de Catadoras de Galicia, Gallaecia, concibiulle a distinción do artesán distinguido 2004 a Jesús Manuel Docanto, como recoñecemento á gran calidade das conservas A Pureza.