
Sempre con ingredientes naturais e cociñado de forma caseira. A salsa do mexillón á galega está composta por aceite de oliva,pemento vermello, cebola e tomate.
Historia
A orixe da empresa remóntase en 1990 cando Don Jesús Lorenzo funda a conserveira. En 1993, a familia Lorenzo Paz funda a actual JELOPA S.L. propietaria da marca Os PEPERETES.
O seu obxectivo era ambicioso: elaborar as mellores conservas cos produtos máis exquisitos das Rías Galegas; introducir no mercado unha marca exclusiva, de altísima calidade e produción artesanal limitada. En canto á clientela potencial, destacan aqueles cuxo padal está afeito aos mellores sabores, sen excluír aos que queiran descubrir por primeira vez os tesouros culinarios da Ría de Arousa
Nacen así Os PEPERETES, unha marca innovadora, prestixiosa, e elaborada a diario con todo o agarimo da produción artesanal.