Tag: catrineta

Sopa de versos. Quico Valeiras.Catrineta nonou Edicións en Fachada

Despois do éxito de Movimentos, Quico Veleiras repite xunto ao saxsofonista Alexandre Cabanelas, na III Edición de  Catrineta Nonou Edicións en Fachada. Esta vez para presentar a súa nova Obra poética: Sopa de versos.
 O Xoves 10 ás 20:00 na Catrineta!!!!
 CARTAZ-SOPAdeVERSOSvector(reduc)
INSTRUCIÓNS DO XOGO:
-1. Vrau: tempada máis cálida do ano que chama á praia llo chiringuito, á abundancia de líquidos frescos con ou sen xeo engadido, ó bronceado llas sopas de letras. Hai quen a detesta. Poesía (1): arte (é dicir: xogo) que consiste en resetear e resituar os lindes da liguaxe para expor certas sensacións, experiencias, valores, etc., onde o dicir adopta unha actitude de intromisión radical, xa en relación ó emisor xa ó receptor. Poesía (2): asunción da linguaxe coma potencia creativa, non tanto entendida esta como vehículo comunicativo do mundo, senón coma a posibilidade mesma da súa disposición e circulación; en definitiva, se a linguaxe é a oportunidade do ser, a poesía irrompe coma a súa revolución. Verso: orde no que a poesía estrutura a súa linguaxe; hai versos que falan do vrau, outros non.

SOPA DE SARDIÑAS EN TOMATE

Sabemos que isto non o esperabades. Unha lata de peixe para facer sopa???. Poís velaí vai a nosa receita sopera.

Ingredientes:

2 latas sardiñas en tomate.

1 pataca grande.

3 culleres soperas de arroz.

1 cenoira.

1 cebola pequena.

2 culleres de tomate fritido.

folla loureiro.

sal.

pementa negra.

pementón doce.

eneldo ou perixel.

allo.

aceite.

Como facer:

Nunha pota pór auga a ferver. Lavar, pelar e cortar a pataca. Cando a auga ferva, botar o sal, a folla de loureiro,  a pataca partida e o arroz. Cocer a lume medio. Mentras tanto ir picando a cebola e  a cenoira. Facer un sofrito co  tomate fritido.

Cando as patacas estean feitas, abrir as latas coas sardiñas e botalas na pota. Engadir todas as especias. Engadilo sofrito e darlle un fervor de nada para polo todo a mesma temperatura.  E listo!sopa sardiña tomate 2

degustación viño e conservas vide vide e catrineta

Sábado 5 de outubro Degustación Cooperativa

O próximo sábado 5 de outubro VIDE, VIDE e Catrineta queren festexar a chegada do outono convidando aos seus clientes a unha degustación moi especial dos seus produtos.

Sábado 5 de outubro a partir das 12h na tenda VIDE, VIDE! e na tenda de Catrineta.

Menú da degustación:
VIDE, VIDE! (Rúa da Fonte de Santo Antonio 10, Compostela)_

*COPA DE XIRPIN BRANCO + ZAMBURIÑA EN S/ VIEIRA

CATRINETA (Ruela de Altamira 2, Compostela)_

*COPA DE XIRPIN TINTO + MEXILLÓN ESCABECHE + XOUBA AC/ OLIVA

Contacto:

VIDE, VIDE!
TLFNO_ 981 58 29 11
MAIL_ info@videvide.net
WEB_ www.videvide.net

CATRINETA: CONSERVEIRA DE COMPOSTELA
TLFNO_ 657 763 155
MAIL_ info@catrineta.com
WEB_ www.catrineta.com

Ingredientes para a preparación da receita

Flores de cabaciña con anchoa e mozzarella

As cabaciñas teñen flores macho e femia. A femia encóntrase unida ao froito mentres o macho medra autonomamente con respecto ao froito e é caracteriado por un pedúnculo largo e fino. Xeralmente, para esta receita úsanse as flores macho, que son máis grandes.

INGREDIENTES:

10-12 unid de cabaciña
10-12 unid de anchoa
Mozzarella
Fariña de trigo
Auga ou cervexa
Sal

 

Paolo Benincasa Físico da Univesidade de Santiago de Compostela

Paolo Benincasa – Físico na USC

PREPARACIÓN:

Preparar un montón con fariña tamizada e auga ou cervexa fría, vaise homoxeneizando cunha batidora ou un garfo ata que permaneza unido. O resultado non ten que ser demasiado líquido nin demasiado denso. Mentres se segue mesturando, engadir o sal e o ovo batido (pódese escoller de batir só a clara ou clara e xema). Unha vez que o composto se volve homoxéneo, deixa agora reposar durante 30 minutos. Lavar as flores de cabaciña, quitar o pistilo e deixar que sequen encima dun trapo seco.

 

Cortar en cadrados (de dimensións adecuadas para que entren as flores) a mozzarella e deixar que perda un pouco de auga. Envolver cada cadradiño cunha (ou media) anchoa (depende do tamaño da anchoa). Meter o preparado dentro de cada flor e cubrir coa masa de fariña anteriormente preparada e fritilas en abundante aceite de oliva. Unha vez listo, poñer as flores fritidas enriba do papel de cociña ou dun trapo seco para que o aceite sexa absorbido. Suxírese consumilas cando están todavía quentes.

Se tes algunha dúbida ou suxestion podes deixar un comentario nesta entrada. Se queres facernos chegar as túas receitas con conservas podes enviala a info@catrineta.com

 

Flores de calabacín rellenas
Los calabacines tienen flores machos y hembras. La hembra se encuentra pegada al fruto mientras que el macho crece autonomamente con respeto al fruto y es caracterizado por un pedúnculo largo y fino. Generalmente, para esta receta se usan las flores macho, que son más grandes.

INGREDIENTES:
Flores de calabacín 10-12
Anchoas 10-12
Mozzarella 1
Harina blanca lo necesario
Agua/Cerveza lo necesario
Aceite evo lo necesario
Sal lo necesario

PREPARACIÓN:
Preparar un amasijo con harina tamizada y agua/cerveza fr´ıa, que van mezclada o bien con un batidor de mano o con un tendor hasta que se vuelva homogeneo. El amasijo no tiene que ser ni demasiado liquido ni demasiado denso. Mientras se sigue mezclando, añadir la sal y el huevo batido (se puede eligir de batir y poner sólo la clara o clara y yema). Una vez que el compuesto se ha vuelto homogeneo, dejar ahora reposar durante 30 minutos.
Lavar las flores de calabacín, quitar el pistilo y dejar que se sequen encima de un trapo.

Cortar en cubitos (de dimensiones adecuadas para que entren en las flores) la mozzarella y dejar que pierda un poco de agua. Enrollar cada cubito con una (o media) anchoa (depende del tamaño de la anchoa). Pasar cada flor así rellenado en el amasijo anteriormente preparado y freírlas en abundante aceite evo. Una vez listo, poner las flores fritas encima de papel de cocina o de un trapo para que el aceite sea absorbido. Se sugiere consumirlas cuando están aún calientes.

Uso de cookies

Este é o común texto legal que informa que este sitio web utiliza cookies para que vostede teña a mellor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando o seu consentimento para a aceptación destas galletiñase e a aceptación da política de cookies ACEPTAR

Aviso de cookies